- Por moi pouco que che guste, ten que chover, é necesario. Que sería de vida sen chuvia? Nada, un tempo vacío e sinxelo, sen malos temporais que levaron consigo a luz e que agora te fan recordar con ledicia ese momento cando escampa, e podes ver o sol saír entre as nubes de tormenta.
Igual pasa co corazón, ruliña.
- Pero avoa, non é xusto. Eu queríao, por que me traizoou?
- A vida non é sinxela, neniña, a vida é como unha árbore. Ao principio estás moi acompañada e protexida por xente que te quere e que está sempre ao teu carón. A medida que creces, vaste separando de moitas de esas persoas que seguen o seu propio camiño ou se quedan atrás. Cada vez, viaxas por unha rama máis estreita, deprendéndote dos teus seres máis cercanos e dicíndolles adeus. Durante un tempo, pode que viaxes sóa, pero a primavera traerá follas e flores que non serán duradeiras, pois se o mal tempo non as leva antes, ou a algunhas un lene sopro de vento, co outono se irán. Máis non temas, é unha das cousas que sempre van da man coa vida. A pesares disto, un día enontrarás unha flor ou folla, se non te perdeches ou rendiches antes, que a pesar dos máis grandes temporaise de tódolos tormentos que a poidan afectar, non se afastará do teu lado, e nin tan sequera o outono a poderá separar de tí. Saberás entón con quen pasarás o resto de esa vida, ata que finalmente o outono arrebate esa folla ou flor, ou pode que a tí. Pero daquela xa haberás formado parte de outra árbore, ou de varias, onde acompañaches a esa pequena ramiña que tanto te recordaba a tí, con aquela folla ou flor ao teu lado, tan unidos coma un só, e saberás que esa pequena e fráxil rama tamén encontrará a súa flor ou folla, ou pode que xa a encontrara, pero de todas formas, cando o outono te arrinque, xa haberás descuberto o que é a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario